Participa na película colaborando co micromecenado
A Fundación Terra e Tempo lanza o 1 de agosto unha campaña de crowndfunding co obxectivo de lograr a cifra de 20.000 euros para rodar a primeira película sobre Moncho Reboiras. Todas as persoas que colaboren no micromecenado serán consideradas participantes do filme, sendo nomeadas como tal nos créditos, e recibirán información puntual sobre os avances dos traballos.
As doazóns a partir de 20 euros recibirán a película Reboiras. Acción e Corazón e a reedición do libro Moncho Reboiras, o nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.
Obsequios por doazón
10 €
Crédito
Mención nos créditos do filme como participante
20 €
Crédito + filme + libro
Mención nos créditos + filme + libro
50 €
Crédito + filme + libro + 3 volumes + CCCV
Crédito + filme+libro, Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes e o documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
200 €
Crédito + filme + libro + 3 volumes + CCCV + gravura
Crédito + filme+libro, Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes, documental CCCV de Ramiro Ledo e serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm
500 €
Crédito + filme + libro + 3 volumes + CCCV + gravura + convite á rodaxe
Crédito + filme+libro, Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes, documental CCCV de Ramiro Ledo e serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm + convite para asistir a dúas sesións de rodaxe.
Formas para realizar a doazón
Con tarxeta ou Pay Pal a través de Goteo
Desgrava: Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
Ingreso ou transferencia bancaria
Non desgrava: só desgrava se fas a doazón a través da páxina web de Goteo. Non se aplica nos ingresos á conta bancaria da Fundación Terra e Tempo
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Abanca da Fundación Terra e Tempo:
ES53 2080 5540 3930 4000 1003
(debes indicar no concepto o teu nome e apelidos)
Se optas por facer un ingreso ou transferencia bancaria, debes cubrir o seguinte formulario. Grazas aos datos que nos facilitas poderemos enviarche información e os obsequios cos que queremos agradecer a túa colaboración.
Formulario para ingreso ou transferencia bancaria
Os datos persoais que vostede nos facilita serán incluídos nun ficheiro automatizado da Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas, para xestionar a relación informativa. Vostede ten os dereitos de acceso, cancelación, rectificación ou oposición, que poderá exercer mediante carta dirixida a esta Fundación na Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 Santiago de Compostela (Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro).