Estamos editando!
Os traballos do filme ‘Reboiras. Acción e corazón’ continúan avanzando en 2020.
O proceso de edición estase a realizar no estudo audiovisual de Jose Aragunde en Pontevedra, grazas ao traballo creativo deste profesional da imaxe.
A vindeira semana tamén en Pontevedra se rexistrarán unha serie de voces fóra de campo narrativo que recrearán a toma de Ferrol pola policía franquista a 12 de agosto de 1975. Xa no mes de febreiro comporase a banda sonora do filme, da man de Alex Salgueiro e Marcos Paino e será tamén o momento da prosprodución de audio grazas ao traballo que Tomás Ageitos e Marcos Paino realizarán no Estudio A ponte.
Mentres o noso equipo de lingüistas e tradutoras fará que o filme estea subtitulado en galego, portugués, inglés, éuskaro, catalán e castelán.
Posteriormente será o momento da etalonaxe e posprodución de vídeo no laboratorio de Númax.
Agardamos moi pronto poder adiantarvos as datas de estrea do filme. E, por suposto, non esquecemos a todas as persoas que colaborastes para facer esta película realidade. A partir do 25 de xullo, Día da Patria Galega, enviaremos todos os obsequios que vos corresponden por colaborardes na campaña de micromecenado.
De novo, obrigado!
Para desgravar a túa achega: CONFIRMA E DESCARGA O CERTIFICADO ANTES DE 15 DE XANEIRO.
Aproveitamos para lembrar, tal e como xa fixo a Fundación Goteo, que o próximo 15 de xaneiro finaliza o prazo para modificar/confirmar os teus datos fiscais e así descargar o teu certificado de doazón que desgrava na declaración da renda. De non facelo dentro deste prazo xa non poderás descargar o certificado, a fin e efecto de poder remitir á Administración Tributaria a declaración informativa sobre as certificacións emitidas no prazo estabelecido no art. 24 da Lei 49/2002.
Estes son os pasos a seguir: Accede á sección “Certificado de doazón” do teu panel de usuario, clicando nesta ligazón: https://www.goteo.org/dashboard/wallet/certificate
Aparecerá unha listaxe con todos os teus certificados de doazón: fai clic no botón “Confirmar e descargar” do certificado que desexas confirmar e descargar. Accede ao formulario onde modificar e confirmar definitivamente os teus datos fiscais.
Lembra que se es unha empresa, debes deixar os campos relativos aos apelidos en branco. Selecciona “Confirmo que estes datos son reais…” e clica en “Confirmar datos”. Lembra que unha vez feito isto xa non poderás modificar os datos fiscais deste usuario! Serás redirixida á listaxe de certificados, onde poderás descargar o certificado de doazón que acabas de confirmar 🙂
Tes máis detalles neste vídeo: https://vimeo.com/246988506