Brook Preloader

Participa na película colaborando co micromecenado

A Fundación Terra e Tempo lanza o 1 de agosto unha campaña de crowndfunding co obxectivo de lograr a cifra de 20.000 euros para rodar a primeira película sobre Moncho Reboiras. Todas as persoas que colaboren no micromecenado serán consideradas participantes do filme, sendo nomeadas como tal nos créditos, e recibirán información puntual sobre os avances dos traballos.

As doazóns a partir de 20 euros recibirán a película Reboiras. Acción e Corazón e a reedición do libro Moncho Reboiras, o nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

Obsequios por doazón

10 €

Crédito

Mención nos créditos do filme como participante

obsequio-10

20 €

Crédito + filme + libro

Mención nos créditos + filme + libro

obsequio-20

50 €

Crédito + filme + libro + 3 volumes + CCCV

Crédito + filme+libro, Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes e o documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo

obsequio-50

200 €

Crédito + filme + libro + 3 volumes + CCCV + gravura

Crédito + filme+libro, Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes, documental CCCV de Ramiro Ledo e serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm

obsequio-200

500 €

Crédito + filme + libro + 3 volumes + CCCV + gravura + convite á rodaxe

Crédito + filme+libro, Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes, documental CCCV de Ramiro Ledo e serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm + convite para asistir a dúas sesións  de rodaxe.

obsequio-500

Formas para realizar a doazón

paypal-tajeta

Con tarxeta ou Pay Pal a través de Goteo

Desgrava: Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.

+Info: Calcula o aforro coa doazón

ingreso

Ingreso ou transferencia bancaria

Non desgrava: só desgrava se fas a doazón a través da páxina web de Goteo. Non se aplica nos ingresos á conta bancaria da Fundación Terra e Tempo

Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Abanca da Fundación Terra e Tempo:

ES53 2080 5540 3930 4000 1003
(debes indicar no concepto o teu nome e apelidos)

Se optas por facer un ingreso ou transferencia bancaria, debes cubrir o seguinte formulario. Grazas aos datos que nos facilitas poderemos enviarche información e os obsequios cos que queremos agradecer a túa colaboración.

Formulario para ingreso ou transferencia bancaria

Datos persoais
Doazón
Acepto a política de privacidade.

Os datos persoais que vostede nos facilita serán incluídos nun ficheiro automatizado da Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas, para xestionar a relación informativa. Vostede ten os dereitos de acceso, cancelación, rectificación ou oposición, que poderá exercer mediante carta dirixida a esta Fundación na Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 Santiago de Compostela (Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro).