A rodaxe do filme documental sobre Moncho Reboiras chega a Vigo
Moncho Reboiras viviu varios anos da súa infancia e adolescencia en Teis, un dos escenarios onde se filma o documental.
O filme documental Reboiras. Acción e corazón chegará ás pantallas en 2020, levando por vez primeira a vida de Moncho Reboiras ao cinema.
En Vigo e mentres o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba o bacharelato e atendía o bar Reboiras en Teis, que a súa familia puxera cos seus aforros.
Na segunda metade da década dos sesenta comezou a involucrearse na Asociación O Castro, logo do contacto co xesuíta Xaime Seixas Subirá, o Pai Seixas.
Rematou os seus estudos no ensino medio no Instituto Santa Irene de Vigo, iniciando a súa andaina no ensino superior na Escola de Enxeñería Industrial na rúa Torrecedeira. Nese tránsito académico e vital, Reboiras comezaría a súa militancia política clandestina na Unión do Pobo Galego en 1969.
Desde Vigo percorreu toda Galiza organizando centos de persoas no nacionalismo a través das distintas frentes de actuación que a UPG promovía no país, como a frente cultural, sindical ou política.
12 de agosto de 1975, estando en Ferrol para estender o movemento sindical nesta cidade, foi asasinado a tiros pola policía da ditadura franquista, sendo a última vítima mortal en territorio galego.
Resaltou Méndez Anta durante o transcurso da entrevista a valentía e xenerosidade de Monhco e o seu papel fundamental á hora de artellar o sindicalismo nacionalista